19.5.13

Only teardrops

Este é a canción que se alzou coa victoria, onte en Malmö, do Festival de Eurovisión. Only teardrops da danesa Emmelie de Forest.
España quedou de penúltima coa canción Contigo hasta el final de El Sueño de Morfeo.


17.5.13

Letras Galegas 2013

Un ano máis celebrase en Galicia o dia das Letras Galegas. Un día no que cada ano se homenaxea a un escritor diferente. Este ano tocoulle o turno a Roberto Vidal Bolaño. Foi autor, director e actor de teatro galego.
Para saber máis sobre este autor podedes picar neste artigo de Wikipedia. E ademáis se queredes saber as orixes de este dia picade aqui: Letras Galegas



15.5.13

El circo de las mariposas


Esta curtometraxe a estivemos vendo no instituto para falar do valor e dignidade do ser humano. Que vos parece?

7.5.13

Festa dos Maios

O domingo pasado celebrouse en Ourense a festividade dos Maios. Unha festa coa que conmemoramos a chegada dea Primavera e do mes de Maio.
Para saber máis podedes ler este artigo de Wikipedia.

Imaxe de La Voz de Galicia



4.5.13

A Orquesta Panorama contra o cancro.

Un ano máis a que é considerada como a mellor orquesta de Europa, a Orquesta Panorama, organizou a sua Gala contra o Cancro en Vilagarcía. A formación presisdida por Lito, Jorge, Daira e Lidia (aínda que tamén estivo Dunia Santana que tivo que deixar a formación por estar embarazada) estiveron acompañados por artistas de renome como Carlos Baute, Merche, Cali & El Dandee, David Bustamante e un amplio cartel.
Os beneficios recaudados nesta gala serán entregados a Asociación Española contra el Cancer.
Pero esto non remata aqui, a orquesta que este ano cumpre 25 anos, realizará unha gala especial por este aniversario. O lugar e a fecha aínda non se fixo pública.

Pera rematar, vos deixo un video da presentación da Remember Tour, a xira do 25 aniversario.

2.5.13

1 de maio

Onte conmemorouse o Día do Traballo.

Perdoade pola miña ausencia pero estamos en plenos examenes da terceira avaliación e hai que aplicarse.

15.4.13

Febre

Ahí vos vai unha nova suxerencia literaria. O libro chamase Febre escrito por Hector Carre. Un libro ambientado na Guerra do Volframio da Segunda Guerra Mundial, que aborda temas como o machismo, a sexualidade nesa época...
O motivo polo que tiven que ler esta novela é que mañá algúns dos meus compañeiros e máis eu asistiremos as Tertulias Literarias, no Liceo, organizadas polo Concello de Ourense.